sábado, 28 de julio de 2007

¡Qué difícil é estudiar! Pero que ben viven outros...

Non nos vamos enganar. Normalmente xa hai moi pouca motivación, en parte pola propia personalidade dun (sí, son un pouco fapeiro, gustame mais durmir que traballar). Por riba, no verán hai outros factores externos, como que o tempo parece que quere comezar a mellorar. Unesenos agora a condición de ferroláns.

E que nesta cidade, que alguén me corrixa se me equivoco, e de todo punto imposible saber se hai unha sola biblioteca aberta un sabado de Xullo, e cal é o seu horario.

Fixen busquedas en google, pero todas elas infructuosas. Tanto a biblioteca do patín, coma o Aulario, a da Plaza de España (digna dun blog enteiro esta obra faraónica sen fin), e incluso a Municipal do veciño Narón, todas elas, non contan con ningunha páxina oficial onde queden reflectidos os seus horarios nestes meses veraniegos.

Preguntabame eu, canto sería o coste económico de ter unha páxina web do concello, ou da universidade, avisando do asunto. Creo que é un gasto asumible, ¿ou non?

Pero xa me poño en plan tolo, pensando cousas sen sentido. ¿É se fóra posible ter as bibliotecas interconectadas, de forma que teñamos a oportunidade de saber que libros hai en cada unha delas, e renovalos e devolvelos en calquera das suas localizacións? Ou incluso mellor, ¿a través de Internet?

Pero non, entón volvo a baixar do ceo onde eu habito, e doume conta que vivo na cidade que como primeira medida ó chegar o novo alcalde, decide subir un 40% o seu soldo, convertindose no alcalde mellor pagado das sete grandes cidades de Galicia. Eso na que hai un maior descontento do pobo cos seus governantes. Ver para crer.

Comentario final. Se nin o PP, nin IU, nin IF, nin o BNG estan dacordo coa subida... ¿como carallo é que esta sae adiante no pleno? E que IU non esta dacordo coa medida, pero vota a favor, e o BNG conformase con absterse e chupar do tarro igualmente. Incrible o nivel de hipocresia. Ainda por riba nos crerán estúpidos.

No hay comentarios: