sábado, 4 de agosto de 2007

Servizo de aluguer de bicicletas en Ferrol

Fai uns meses tiven a oportunidade de disfrutar da cidade de Lyon na compaña do meu amigo Hugo. Realmente parece unha cidade que sen ter nada que resalte podese dicir que conta cun certo encanto, e sobre todo, da a impresión de ser un lugar agradable onde vivir.

E unha das cousas que mais me fixo disfrutar e que quedará para a memoria (normalmente co paso do tempo solo lembramos as pequenas anecdotas dunha viaxe) será o pasear día e noite cunha "velo" (bicicleta para nós) de aluguer.

Por tanto, non puiden mais que encherme de ledicia cando lin que un proxecto similar sería posto en marcha en Ferrol.

Pero o pouco tempo, decateime que non podía ser que finalmente estiveramos a facer as cousas ben (sen chegar a ter tampouco ideas orixinais). E sí, creo que xa podo dar os detalles de porque o proxecto vai fracasar.

Pero bueno, empecemos coa información e logo xa pasamos ás criticas, que ata haberá algunha parte positiva.

En primeiro lugar, facer saber que esta idea surxe do anterior goberno, así que creo que de momento non lle podemos adxudicar ningunha idea o actual.

O sistema contará con tres cabinas, unha no barrio de Esteiro, outra no porto interior, e a última no paseo marítimo de Caranza.

Poderase coller unha bici por un período de duas horas e despois será necesario pagar un suplemento aínda por concretar.

O aluguer farase mediante unha tarxeta que virá cun custo diferente, en función da tarifa. Haberá un bono anual por 20€, un semestral por 12€, e un semanal por 5€. Non se descarta estudiar outros como un familiar, ainda que novamente sen decidir.

O custo solo da instalación dos postos foi de 140.000 € con fondas da administración galega

Dito todo ó anterior, ¿porque son tan pesimista? Pois simplemente por un análisis comparativo coa situacion en Lyon.

Para comezar, os aspectos de imposible solución, pero que estan ahí. Isto é, a nosa climatoloxia sempre chuviosa, e as pendentes como pode ser Canido. Os dous factores farán que a oferta sexa menos atractiva que o é na outra cidade.

Outro punto díficil de combatir e a ausencia dun sentimento ecolóxico na cidadanía. A xente prefire coller o coche e gastar dous litros de gasoil para comprar un cartón de leite no super.

Nembargantes, penso que son outros os factores que convertirán o proxecto nun fiasco.

En primeiro lugar, a absoluta ausencia de carriles bici que vain dalgun lado a algún outro. Si, na actualidade temos dous operativos, o da Avenida de Esteiro e o da Malata, pero ambolos dous nacen e morren nese lugar, e non hai en toda a cidade un so paso ou semáforo para bicis. Esto limita o uso das bicis a simple ocio, e non un ocio normal, se non nun deporte de risco, tendo en conta o pouco respeto que hai neste país por parte dos automovilistas ós ciclistas.

Outro tema que fará que o sistema se vai o traste é a situación actual de Ferrol como zona de guerra. Aquí nas noites libranse autenticas batallas dignas dunha película bélica. Co vandalismo que temos, ¿canto han de durar os postos de servizo e as bicis intactas?

Isto engancha con outro punto. Estou plenamente convencido de que non hai ningun plan de reparación das bicis. Os governantes pensarán que unha vez poñan a idea en marcha, xa queda en uso para sempre. Nun mes todas as bicis estarán pinchadas, co manillar mal axustado, etc.

Novamente entrando en comparacións, os tres puntos de atraque fan ganas de rir comparados cos centos deles que debe haber en Lyon. Creo que ás tres zonas elexidas son apropiadas, pero claramente insuficientes. Porque é ridiculo ter que coller o coche para poder coller unha bici. ¿Quén vai facer tal cousa? Ten que haber postos cada kilometro á redonda minimo.

Outro tema de menor calado, será os impedimentos que terán os turistas estranxiros. Xa que a tarxeta so cha dan co DNI, ¿como farán eles? ¿Haberá alguen que os asesore no seu idioma ou ó menos no de Shakespeare?

A noticia informa de que para darle publicidade existira a página web www.ferrolenbici.com. Sorpresa... ¡non existe tal paxina polo momento! ¿Quen se vai enterar do servizo se non se fala del en ningures?

E como non, como todo proxecto dirixido polos nosos governantes, ten garantía de retraso. Nun primiro momento anunciouse que estaría para Xuño. Logo dixose que o un de Agosto. E ahora está parado por un "fallo informático" (¿cantas veces na miña vida terei oido eu esa excusa?).

Finalmente, as casetas non estarán en funcionamento as 24 horas do dia como en Lyon, se non que solo 10 horas por día (e non sei porque me da que será totalmente imposible saber cal será o horario).

En resumo, creo que a conxunción de todos os anteriores factores fará que ó que de primeiras é unha boa idea trasladado a Ferrol quede como un novo fracaso na nosa gran cronoloxía deles.

Xa por último, creo que esta misma iniciativa podería fomentar o noso Camiño Inglés a Santiago. Pero esto será cuestión dun post en gran profundidade.

No hay comentarios: