domingo, 5 de agosto de 2007

¿Suspender galego xenera odio?

Nunha entrevista publicada fai pouco en La Voz de Galicia, di Benigno López González, actual Valedor do Pobo, que "Si a un niño se le suspende por el gallego, logramos que le coja odio".

Continua afirmando: " Si a la juventud se le impone el gallego, se le exige a unos niveles de asignaturas como Matemáticas, Historía, o Literatura, lo único que se está logrando es que ese niño, ese joven, logre adquirir una animadversión frente a un idioma, en vez de cogerle cariño.[...]. Si a un niño se le suspende por el gallego, si se le deja por esa simple (sic) asignatura colgado para el curso siguiente, lo único que logramos es que le coja odio al idioma."

Preguntome cal será ó motivo polo que en España se lle da tampouco valor os idiomas, tanto os propios coma os alleos. ¿Non serán os idiomas tanto ou mais importantes que a xeografía,historia, literatura ou filosofía? ¿Non parece que con estas frases o Valedor quere relativizar e rebaixar o nivel do idioma galego contra outros coñecementos?

Dito esto, na miña experiencia a educación lingüística está mal enfocada. Na miña opinión, sobran horas e cursos de galego e castelán. Son as nosas linguas, non creo que precisemos 15 anos de ensino para aprendelas. O que me aconteceu na miña infancia, e que ano tras ano voltabamos a estudiar o mesmo, reinventando a roda. Outro tanto ocurría co inglés. Penso que cada ano teñen que quedar fixados uns coñecementos. De non ser así, o estudiante terá que repetir ata que os adquira. E así podemos ir avanzando de nivel curso tras curso.

Coas horas aforradas, deberíase dar un par de anos doutro idioma da Unión Europea, sendo esta unha opción a elexir polos estudiantes sempre que haiba un numero mínimo por clase.

Pero coa situación política actual, parece imposible pensar que os partidos nacionalistas vaian consentir en avanzar nesa dirección. Así que... todo o que acabo de escribir é unha utopía.

No hay comentarios: